Inicio Participa Dános a túa opinión Ordenanza de xestión de residuos

Ordenanza de xestión de residuos

PARTICIPACIÓN NO PROCEDEMENTO DE ELABORACIÓN DA ORDENANZA DE XESTIÓN DOS RESIDUOS DE COMPETENCIA MUNICIPAL DO CONCELLO DE PONTEVEDRA

Ao abeiro do disposto no artigo 133.1 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas e na súa calidade de organización máis representativa potencialmente afectada pola elaboración e futura aprobación da nova ORDENANZA DE XESTIÓN DOS RESIDUOS DE COMPETENCIA MUNICIPAL DO CONCELLO DE PONTEVEDRA, solicítase a súa opinión, co fin de que, nun prazo que remata o 24 de maio de 2024, poida presentar, a través da páxina web, o parecer da súa organización e as suxestións que estime procedentes, verbo das seguintes cuestións que se desenvolven no documento de PARTICIPACIÓN que se remite, previo á elaboración do proxecto de ordenanza:

a) Os problemas que se pretenden solucionar coa iniciativa
b) A necesidade e oportunidade da súa aprobación
c) Os obxectivos da norma
d) As posibles solucións alternativas regulatorias e non regulatorias.

Poderá remitir as súas opinións e achegas a través do formulario aparece máis abaixo e durante o expresado prazo, no que calquera persoa poderá achegar a súas opinións na consulta pública que se efectúa.

O Sr. Concelleiro da área de servizos urbanos básicos
Xaquín Moreda González

FORMULARIO

Este formulario está pechado dende o día 24 de mario de 2024.