Interculturalidade

102

O obxectivo do acto, enmarcado dentro do programa da Educación Cívica Intercultural é o fomento no sistema de ensino non universitario dun conxunto de valores e crenzas que buscan fomentar o pluralismo cultural dentro dunha sociedade cada vez máis diversa. Esta actividade serve para facilitar o coñecemento das diversas culturas e favorecer a comprensión do feito diferencial como algo que posibilita o enriquecemento mutuo. Quérese fomentar a implicación dos centros de ensinanza nas actividades desenvolvidas polo Departamento Municipal de Servizos Sociais posibilitando o achegamento ao alumnado deste fenómeno migratorio, tan presente na nosa sociedade, así como impulsando a promoción de actitudes igualitarias.
Margarita Castejón destacou durante o acto que os nosos fillos críanse nun entorno máis rico cando comparten espazo nas aulas e na vida diaria con nenos chegados de outros lugares e abundou en que a migración non é un problema, aínda que debe traballarse moito aínda por unha correcta integración na sociedade daqueles que chegan.
Do total dos 319 alumnos/as participantes neste concursos, foron escollidos polo xurado municipal tres traballos por cada categoría. Educación Infantil, participou na modalidade de debuxo; Educación Primaria participou na modalidade de conto, e, finalmente, Educación Secundaria, participou na de banda deseñada.
Os premios son libros, películas en DVD e CD musicais. Todo o material está relacionado dalgún xeito coa interculturalidade. A maiores todos os participantes recibiron como obsequio unha libreta e un diploma de participación. A gañadora do primeiro premio do concurso de Debuxo ten como incentivo adicional que o seu traballo se convirte na tarxeta de felicitación de Nadal da Concellaría de Benestar Social, Educación e Patrimonio.
Os galardoados deste ano, por categorías, son os seguintes:

Primeiro Premio:
Categoría Infantil: Nerea Otero Rodiño, 5 anos, alumna do colexio Parada (Campañó) coa obra “Postal”. Categoría Primaria: Cielo Scotto di Fasano, de 11 anos, alumna do colexio Álvarez Limeses, coa obra “Kira e máis eu”. Categoría Secundaria: Juan Santos Suárez e Alejandro López Meira, alumnos do instituto Xunqueira II coa obra “Abdou”.
Segundo premio:
Categoría Infantil: Vania Iglesias Prieto, de 4 años, alumna do colexio Vilaverde (Mourente). Categoría Primaria: Marcos González Nanín, alumno do Álvarez Limeses, coa obra “Oliver el libro mágico”. Categoría Secundaria: Daniel Sobral Garrido, Iria González Farré y Kimberly Zurbano de León, alumnos do IES Xunqueira II, coa obra “La niña y los balones”.
Terceiro premio:
Categoría Infantil: Leire Cochón Bernárdez, alumna do colexio de Parada (Campañó). Categoría Primaria: Sheila Jiménez Acuña e Antía Torres González, do colexio Marcos da Portela, coa obra “Traballo compartido”. Categoría Secundaria: Sara Varela Fontán, María Landín Lariño, Lara Parada Sánchez e Paula Méndez Hermida, alumnas do IES Sánchez Cantón, coa obra “O coñecemento non entende de razas”.

COMPARTIR