Operativo Tráfico Feira Franca

86

O
Centro histórico da cidade volverá a acoller esta fin de semana a Feira Franca.
Será o venres e o sábado, como xa é tradición nesta festividade. Como é sabido,
a convocatoria xenera un gran tránsito de peóns e vehículos que afectará a toda
á cidade, especialmente as entradas e saídas.

 

A Policía
Local en coordinación coa Concellaría de Festas e os outros servizos de
emerxencia implicados na Feira Franca organizou un dispositivo especial de
tráfico e de seguridade co fin de dar os mellores servizos aos cidadáns e
paliar, na medida do posible, todos os inconvintes que acarraxa este tipo de
evento. Como vén sendo habitual, no dispositivo participarán membros da Policía
Local, Protección Civil,  Bombeiros e voluntarios que axudarán a que o
espazo público estea nas  mellores condicións de uso para a cidadanía.

 

A Policía
Local traballa coa hipótese da presenza masiva de persoas e vehículos na cidade
de Pontevedra, especialmente na xornada do sábado, por iso, a Concellaría de
Festas  solicita a colaboración
cidadán á vez que  fai un chamamento ao uso dos aparcadoiros
disuasorios  (Mollavao, Pavillón de Deportes e esplanada do Recinto
Feiral). Ao mesmo tempo,  solicita
especialmente aos veciños e veciñas de Pontevedra  que reduzan o uso do
vehículo particular ao mínimo imprescindible.

 

O
operativo de tráfico supón a  restricción de aparcamentos en determinadas
rúas e cortes de tráfico,  polo que se solicita o máximo respecto á
sinalización provisional nos  espazos afectados.

 

 

DESCRIPCIÓN
DO ACTO

 

Evento incluído na da programación cultural de
verán do Concello de Pontevedra 2011. Leva aparellado o peche das rúas do
centro histórico da cidade e o entorno da Praza de Touros.

 

 

DATA

 

A celebrar os días 2 e 3 de Setembro.

 

 

 

AMBITO
TERRITORIAL

 

O evento realízase exclusivamente no Concello de
Pontevedra; en concreto nas rúas da Zona Monumental, Maestranza, Gran Avenida
de Montero Ríos, Michelena, Benito Corbal (tramo peonil), Arcebispo Malvar,
Peregrina (tramo peonil) e o entorno da Praza de Toros.

 

RÚAS
AFECTADAS POR PECHE

 

§  Zona Monumental

§  Entorno da Praza de Toros

§  Arcebispo Malvar

§  Galera

§  Michelena

§  Benito Corbal (tramo peonil)

§  Rúa Peregrina, (tramo peonil)

§  Rúa Maestranza

 

 

PREVISIÓNS
DE MONTAXE E DESMONTAXE DE INSTALACIÓNS

 

A
montaxe nas prazas e rúas da Zona Monumental, poderase realizar o venres día 2
dende as 15 ata as 19 horas e o sábado día 3 dende as 6 ata as 10 horas.

 

 

CIRCULACIÓN
DE VEHICULOS

 

1.   
Vías
pechadas ao tráfico:

 

§  Prohíbese a circulación de vehículos nas rúas da
Zona Monumental a partires do sábado día 3 as 10 horas.

§  Arcebispo Malvar

§  Galera

§  Benito Corbal (tramo peonil)

§  Rúa Peregrina, (tramo peonil)

§  Rúa Michelena

§  Dende as 16 horas do día 3 de setembro se pechara a
circulación de vehículos as rúas do entorno da Praza de Toros, por mor da
celebración dun espectáculo medieval no interior da mesma. O peche afectara as
rúas Víctor S. Arnesto, Nostramo Lourido, Pedro Mariño de Lobeira, Celestino
Poza Pastrana e rúa Canaval.

 

2.   
Puntos
de corte

 

No traslado do viño realizarase un corte puntual na
intersección das rúas Santa Clara con Cobian Roffinac e na intersección das
rúas Santa Clara con Perfecto Feijoo. A rúa Santa Clara na actividade de
traslado do viño cara a Zona Monumental. Aproximadamente sobre as 11:30 do sábado
3 de setembro.

 

ESTACIONAMENTOS

 

Dende as 22 horas do venres día 2, prohíbese
estacionar na rúa Santa Clara no tramo entre o Convento ata a rúa Cobian
Roffignac, co gallo do transporte do viño.

 

Entorno da Praza de Toros, prohíbese o estacionar
dende o venres día 2 as 07 horas na 
rúa Nostradamus, e Canaval e 
a partir das 08 h. do sábado 3..Víctor Saez Armesto, rúa Canaval, e o
perímetro da Praza de Toros.

 

 

EVENTOS
FEIRA FRANCA 2011

 

Neste apartado indícanse os eventos que se van a
levar a cabo na cidade dentro do programa da Feira Franca 2011, que poden
condicionar a circulación en determinados puntos da cidade.

 

Estes actos que conlevan unha masiva afluencia de
publico a puntos moi concretos, provocan unha entrada escalonada dentro duns
parámetros de tempo de entre 30 e 60 minutos, e nun radio de acción que engloba
os aparcadoiros públicos máis próximos, aparcadoiros disuasorios, e zonas de
estacionamento perimetrais.

 

A saída é máis puntual o que pode dar lugar a
complicacións circulatorias en determinados puntos.

 

O espectáculo que pode encontrarse nesta situación
e o seguinte:

 

 

§  Espectáculo
Medieval

 

Celebrarase na Praza de Touros de Pontevedra o día
3 do mes de setembro. A saída concentrada dos asistentes compromete a
circulación por Paseo de Colón, rúa san Roque e Avda. Raíña Vitoria, polo paso
continuo  de peóns, o que pode
provocar desvío do tráfico procedente de Paseo Colón por Monteleón e peche ao
tráfico das rúas: San Roque e 
Raiña Vitoria.

PLAN DE
SEGURIDADE

 

 

 

O plan de seguridade
estará activo dende as 11 horas do sábado ata as 03:00 horas do domingo 4 de
setembro.

 

A partir
das 11 h, un equipo conxunto formado por representantes da Concellaría de
Festas, da Policía Local e dos Bombeiros inspeccionará os postos (comidas,
mercado, hostalería) co fin de comprobar que se adaptan as normas establecidas
pola organización, entre outros:

 

·      
O combustible autorizado para o
uso das parrillas só é carbón

·      
Extintores, preto das parrillas

·      
Podránse instalar só os postos
autorizados.

·      
Comprobarán que os postos
autorizados só ocupen o espazo que se lles teña asignado (ubicación e metros),
especialmente importante nas vías de penetración e evacuación.

Se algún
dos postos autorizados non cumprira estas esixencias levantaríase, ao igual que
todos aqueles que non estean autorizados e rexistrados pola organización.

 

Durante a
celebración da Feira Franca permanecerán habilitados os seguintes puntos de
emerxencia:

 

·      
Posto avanzado médico no Teatro
Principal

·      
Tres ambulancias 

o  
Valentín García Escudero

o  
Bastida/ Michelena.

o  
Alameda.

·      
Protección Civil:

o  
Praza Ourense.

·      
Bombeiros:

o  
Praza España

o  
Valentín García Escudero.

·      
En  distintos lugares do recinto onde se celebra a Feira Franca,
e estratexicamente colocados, haberá unha seríe batería de extintores.

 

 

 

 

 

 

VÍAS DE PENETRACIÓN E
EVACUACIÓN

 

            Co
fin de garantir ao máximo as prestacións dos servizos de urxencia establecese
como vías principais de evacuación e penetracións as seguintes rúas:

 

 

Real – Sarmiento – Isabel II – C. Enriquez – F.
Villaverde – Michelena