Concerto de Beni Ferreiro no Pequeño Karma

27

Lugar: Pequeño karma (rúa Paio Gómez Chariño, 29).
Horario: 22 horas.
 

Beni Ferreiro presentará esta noite no Pequeño Karma, ás 22:00h, cancións da súa mini xira. Este repertorio inclúe temas dos seus dous proxectos musicais, Overlook e Igloo, ademais de alternar estas cancións con versións dos grupos que lle influenciaron ao longo da súa traxectoria.

Para os que se esperen un convencional concerto acústico de guitarra e voz, avisarlles de que quedarán perplexos do que este artista pode conseguir cun sintetizador, dúas guitarras e un aparello loop que grava e repite a tempo real tomas de voces, ritmos executados, guitarras sobre máis guitarras…

Os que queiran conseguir o disco, teranse que pasar pola sala, xa que non sae ao mercado ata o próximo dia 15 de decembro.
 

COMPARTIR