Presentación do libro ‘Un avó especial’, de Migallas Teatro, na libraría Michelena

41

Lugar: Librería Michelena (rúa da Alameda, 8).
Hora: 19 horas.
 

O libro “Un avó especial” está baseado na obra teatral do mesmo nome. Conta a relación entre un avó e a súa neta dende que esta nace ata que ten doce anos. O avó arrólaa; cóidaa; ensínalle ditos, cancións, xogos… Co paso do tempo sucédense as risas e os enfados entre os dous pero, un día, o avó comeza a ter moitos despistes e, ademais, cámbialle o carácter.

Á parte da enfermidade do Alzheimer, tamén se trata o tema da relación entre os/as nenos/as e os/as vellos/as en xeral así como diferentes modos de educar os rapaces por parte dos membros da familia. Os avós preséntanse como transmisores da sabedoría tradicional e peculiar de cada pobo fronte á uniformidade cultural. Os ditos, os xogos e as cantigas populares son un elemento fundamental nesta transmisión.    

http://www.migallas.com/
O libro vai dirixido aos nenos e nenas e é de distribución da editorial Kalandraka. 

COMPARTIR