O Pazo acolle Cantos na Maré en xaneiro

66

O Pazo da Cultura acollerá o vindeiro 14 de xaneiro Cantos na maré, que este ano chega á súa novena edición. O espectáculo comezará ás 21.00 horas e contará coa presenza de Carlos do Carmo dende Portugal, Mayra Andrade dende Cabo Verde, Socorro Lira dende Brasil e Xoán Curiel que fai a achega galega.

A dirección artística corre a cargo de Uxía e dirección musical de Paulo Borges. A banda base será Paulo Borges ao piano dende Azores; José Manuel Díaz ao contrabaixo dende Cuba; Quiné á batería e percusión dende Portugal; Moisés Fernandes á trompeta dende Portugal; Sérgio Tannus á guitarra e cavaquinho dende Brasil.

As entradas están a venda en www.servinova.es. No caso de venta anticipada será a 12 euros e na billeteira será a 15 euros.

Ver documento PDF
Ver documento PDF
Ver documento PDF
Ver documento PDF
Ver documento PDF