Domingos do Principal arranca este domingo con “Fíos”

38

Un ano máis, Domingos do Principal mostra a boa acollida por parte do público ao vender máis de 400 abonos de mañá e tarde dende que se iniciara a venda telefónica hai unha semana. Cun prezo de 27,00€ permitían o acceso ás 9 funcións que conforman este ano o ciclo de teatro infantil, e entre as que atopamos dende teatro de actor a humor xestual, ademais de títeres, danza ou percusión.

A partir de mañá, 19 de xaneiro, as entradas poderanse adquirir a través da billeteira da web www.novagaliciabanco.com e no telefono 902 43 44 43 a un prezo único de 4,00 € por persoa e función ata fin de existencias. No caso de non esgotarse durante a venda anticipada, estarán á venda na billeteira do Teatro Principal, o do Auditorio do Pazo no caso de celebrarse ali, o mesmo dia da función dende dúas horas antes do inicio do espectáculo.

Este vindeiro domingo 22 de xaneiro, coma sempre en sesión de mañá as 12:00 e de tarde ás 18:30 horas, abre o ciclo no Teatro Principal o espectáculo “Fíos” da compañía galega Baobab Teatro. Unha modista peculiar é o fio condutor das historias e segredos dos persoaxes que a visitan no seu taller. Teatro de actor e títeres que farán gozar a pequenos e maiores durante os 50 minutos que dura a representación recomendada a partir de 4 anos.

COMPARTIR