MÚSICAS ABERTAS: ‘The Waterboys’ en concerto no Pazo da Cultura

15

Lugar: Pazo da Cultura de Ponteveda (rúa Alexandre Bóveda, s/n)

Horario: 21:30 horas

Entradas: Á venda en servinova.com a un prezo de 24 euros máis gastos en anticipada e 28 euros na billeteira do Pazo da Cultura.

 

Única actuación en Galicia na súa xira internacional do grupo fundado por Mike Scott en 1983. Deseguida alcanzaron a fama grazas aos seus poderosos directos e magníficos álbums de rock alternativo como "A Pagan Place" and "This Is The Sea", que inclúe o seu maior éxito: "The Whole Of The Moon". Baixo a batuta do mestre irlandés do violín Steve Wickham a banda compuxo o seu super vendas " Fisherman's Blues", no que Scott fusionou country, blus ou gospel con efectos eléctricos.

O seu último álbum é "An Appointment With Mr Yeats", unha colección de composicións do gran poeta inglés convertidas en incendiarias cancións de rock, recibidas con entusiasmo por crítica e público. Nesta xira a banda combinará temas do seu último disco con temas clásicos.