Matalobos, conectado á rede de abastemento da cidade

46

O Concello de Pontevedra inaugurou esta tarde o abastecemento ao núcleo de Matalobos na parroquia de Salcedo logo de moitos anos de xestión. Ao acto, organizado pola Asociación de veciños Salcedo-Norte, asistiron o alcalde, Miguel Anxo Fernández Lores acompañado do concelleiro delegado da parroquia, Demetrio Gómez, e do tenente de alcalde, Antón Louro, así como doutros concelleiros de Corporacións anteriores que estiveron involucrados neste proxecto.

O abastecemento ao núcleo de Matalobos tivo un custe de 70.000 euros e era unha demanda histórica dos veciños do lugar que tardou varios anos en xestionarse debido á súa complexidade técnica.