Once ofertas para o acondicionamento do Local social da Parda

62

Once empresas presentaron oferta para o acondiciomanto do Local social da Parda que o Goberno Local quere habilitar nun baixo municipal, de 450 metros cadrados, situado entre as rúas San Amaro e Estrada.

As empresas que presentaron ofertas son:

• Instalaciones eléctricas Sanxenxo SLU
• Constructora Ediserpo SL
• GPD Construciones SA
• Construcciones Ramírez SL
• El Corte Inglés SA
• Desarrollos Boucas SL
• Jesús Martínez Álvarez Construcciones SA
• Elecnor SA
• Atlántica de Construción y medio Ambiente SL. Sondeos Inyecciones y trabajos especiales SA
• Sercoysa Proyectos y Obras
• Proyecta actividades profesionales de la Construcción SL


Este baixo cubrirá todas as necesidades que ten unha asociación en permanente crecemento como a de Manuel Quiroga, así como do resto de entidades do barrio. Cabe lembrar que o Concello cederá o uso do local para os veciños, pero sempre se reservará a propiedade e a posibilidade de realizar calquera actividade neste local.

O proxecto contempla habilitar as seguintes dependencias:

• Acceso
• Sala multiusos con almacén (99 m2)
• Recepción
• Despacho
• Tres aseos
• Almacén
• Distribuidor
• Dous espazos para xogos infantís con aseo e almacén
• Sala de máquinas
• Salón social (56 m2)
• Sala de estar ou cafetería
• Biblioteca (32 m2)

O orzamento de licitación do acondicionamento deste Local social é de 387. 616,32 euros.