As familias pontevedresas aínda poden solicitar libros de texto para este curso á Redeaxuda

46

O Banco de libros de texto habilitado na Redeaxuda dispón na actualidade de libros de texto vixentes para o novo curso. Son arredor de 100 libros válidos para 5º e 6º de Primaria, de 1º e 3º da ESO, e de 1º e 2º de Bacharelato.

Estes libros son válidos para distintos centros do municipio como o CEP Xunqueira 2, CEIP San Martiño, CEIP A Carballeira, IES Sánchez Cantón, entre outros.

Todas aquelas familias que queiran facer uso deste Banco poderán consultar a listaxe dos libros a través de redeaxuda.com

 

COMPARTIR