Carmen Fouces: ”O panorama da pobreza é desolador”

34

A Casa Azul acolle dende onte unha exposición sobre a auga do Fondo Galego de Cooperación e coa que a Concellaría de Benestar Social Municipal celebra o Día mundial de loita contra a pobreza, 17 de outubro. A concelleira Carmen Fouces destacou que esta é unha data que hai que deixar de celebrar porque, nesta situación económica, cada un dos días do ano serán Día da pobreza e que chegará a afectar ao 80% da poboación. 

Carmen Fouces mantivo a pasada semana unha reunión con todos os colectivos sociais que traballan no concello e da que saíu o seguinte balance:

  • Cáritas interparroquial atende a 50 familias
  • Albergue de San Javier (Monte Porreiro) da cobixo a 18-20 persoas diarias, xunto a ceas, duchas e almorzos.
  • Calor y Café acolle no seu albergue a 11-12 persoas, da ceas a 25-30 persoas diarias; e 15-20 almorzos, ademais de atender a 5 familias completas e a 8 persoas en obradoiros remunerados.
  • O comedor de San Francisco atende en dous turnos a 105 comensais diarios.
  • Club de Leóns atende a 480 familias ao mes
  • Proxecto Home atende a 30 persoas
  • Rexudir Provincial da almorzos a 42 persoas, alimentos a 45 familias cuns 107 membros en total, e a 3 persoas nun piso terapéutico
  • Meniños atende a 49 familias con 79 nenos en total (no ano 2011 atendeu a 43 familias con 78 nenos).

Ao respecto dos Servizos Sociais do Concello, no que vai de ano abriron 2.796 usuarios (sen incluír dependencia e discapacidade). Tramitáronse 110 Risgas dos cales 68 son novos Risgas e 41 están pendentes de resolución por parte da Xunta. Carmen Fouces apunto que a Xunta é bastante "remolona" á hora de dar altas, tarda entre catro e seis meses en confirmar os Risgas.

Sobre as axudas de emerxencia, o Concello destinou unha contía de 86.000 euros en 2011 prevista para un gasto en 18 meses. No que vai de 2012 a contía é de 102.595 para un período dun ano, "e iremos moi xustos", aseguraba a concelleira.

Ao respecto das axudas de emerxencia outorgadas pola Xunta, o Concello enviou 133 resolucións, das cales 52 pendentes, 51 foron confirmadas, e 30 foron negativas segundo as alegacións da Xunta "por non ter necesidades extraordinarias". Neste punto, Carmen Fouces mantizou que a Xunta négase a pagar un novo frigorífico, por exemplo, se aínda encende ou enfriara un pouco.

"O panorama é desolador, e seguimos sumando", explicou Carmen Fouces, quen tamén fixo un balance moi positivo do funcionamento de Redeaxuda.com