Obras en Loureiro Crespo e futuro estacionamento disuasorio de Xoán Carlos I

52

O concelleiro delegado da área urbana, Luís Bará mantén esta tarde unha reunión coa asociación de veciños Pontevedra Leste e os comerciantes de Loureiro Crespo para abordar dous proxectos que comezarán moi pronto no barrio: o asfaltado e eliminación de barreiras e mellora da seguranza viaira en Loureiro Crespo, e o acondicionamento do novo estacionamento disuasorio en Xoán Carlos I.
Ao respecto das obras en  Loureiro Crespo, o concelleiro informará que a vindeira semana comezarán os traballos de eliminación de barreiras arquitectónicas coa reación de dalgunha orella e rebaixes de beirarrúas, así como a instalación de elementos de seguranza viaria na rúa, a partir de Casimiro Gómeza até a avenida de Lugo. Estas obras rematarán co asfaltado da rúa, xa que o firme atópase nun evidente deterioro.
Ao respecto do estacionamento disuasorio previsto na parcela que fora cedida a Educación para a construcción do centro do Carlos Oroza, o concelleiro tamén informará que as obras de acondicionamento comezarán a vindeira semana, para que estea operativa o máis pronto posible debido ás necesidades que existen na zona. No barrio está o centro de saúde da Parda, o IES Sagrado Corazón e o Conservatorio de Música, ademais dos xulgados que se atopan moi próximos.