Cesión de térreos para un parque infantil en Salcedo

62

A Xunta de Goberno aceptou hoxe a cesión dunha parcela de 250 metros cadrados no lugar da Igrexa, na parroquia de Salcedo, lindante coa parcela da futura casa da cultura para a instalación dun parque infantil. O portavoz do Goberno explicou que o Goberno Local xa tiña intención de habilitar un área infantil na zona, pero estaba pendente da situación por falta de terreos. Esta cesión da Comunidade de montes permitirá completar este espazo de lecer e esparcemento dos veciños de Salcedo, que é un punto de centralidade parroquial.