O Concello pide a Educación que aclare si hai que renovar os manuais o próximo curso

65

A Concellaría de Benestar Social Municipal solicítalle á Concellaría de Educación que aclare si é obriga renovar para o próximo curso os manuais de texto de primeiro, terceiro e quinto de Primaria, tal e como recolle a Lomce que acaba de entrar en vigor.
Dende Benestar lémbrase que a Consellería permitiu o ano pasado que os manuais de texto tiveran unha vida útil de seis anos, argumentando que a situación económica non permitía o cambio de manauis con tanta frecuencia (cada catro anos).
Ante a entrada en vigor da Lomce que fala da modificación destes cursos e que non estaba previsto por parte da administración autonómica, a Concellaría de Benestar Social saber cal vai ser a posición do Goberno galego: se mantén o criterio do ano pasado, ou si realmente hai que cambialos.
No Banco de libros de texto municipal que xestiona Benestar Social é urxente coñecer este criterio dado que xa está comezando a traballar para polo en marcha a finais deste curso.

COMPARTIR