Volven as Andainas!

52

A Concellaría de Parques e Xardíns covoca por oitavo ano consecutivo unha nova edición das Andainas, que combinan un dobre obxectivo: a práctica do exercicio físico co coñecemento do patrimonio natural e etnográfico do concello de Pontevedra. Dende este domingo e até o 4 de maio, oito andainas (seis no concelo e tres pola comarca) permitirán coñecer a riqueza natural que nos rodea.

As persoas interesadas en participar deberán inscribirse cada semana, en cada unha das andainas, chamando ao teléfono 986 80 43 00 ext 7584. Tamén poderán seguir todas as incidencias ou suxestións das andainas en andainaspontevedra.wordpress.com ou no facebook: Andainas de Pontevedra.

As saídas son todos os domingo ás 09.30 horas dende a Capela de San Roque (agás algunhas excepcións) e os organizadores recomendan levar calzado cómodo, auga, crema solar e gorro.

As andainas programadas son:

  1. 16 de marzo: Punta Carreirón. Illa de Arousa
  2. 23 de marzo: Salgueiral. Bora
  3. 30 de marzo: Ponte Sampaio
  4. 6 de abril: Monte Lobeira. Vilanova-Vilagarcía
  5. 13 de abril: Campañó
  6. 20 de abril: A Canicouva
  7. 27 de abril: Lourizán, Salcedo
  8. 4 de maio: Verducido. Senda do Loural.

Ver documento PDF