A Casazul estrea cociña

96

A Casazul estrenou estes días cociña, a primeira cociña municipal, para uso dos cursos organizados polo Concello. O primeiro curso que se celebra é o de "Cociña contemporánea versus cociña tradicional", que foi visitado esta mañá polo alcalde, Miguel Anxo Fernández Lores e a concelleira de Benestar Social Municipal, Carmen Fouces, promotora da instalación desta cociña.

Ademais, a concelleira desvelou que a Casazul está acretidata para realizar cursos oficiais (que permitirán dar títulos oficiais homologados pola Xunta, o Estado e Europa) en cinco cursos: catro de grado un e un de grado dous: informática, tempo libre, cerámica e servizo a domicilio. Son acreditacións moi baixas, pensadas para persoas que non teñen título de ESO, pero que son moi demandados por un sector moi amplo da poboación.

A concelleira anunciou que Benestar xa traballa na sinatura de contratos con empresas acreditadas para dar estes cursos, que permitirán a un sector da poboación obter un título oficial para desenvolver un traballo profesional.

COMPARTIR