Rebaixa do 5,8% no prezo da enerxía para o Concello

65

O Concello de Pontevedra adxudicará a Iberdrola o concurso de parte do suministro eléctrico do Concello de Pontevedra. Será por un valor de 808.518 euros ano ano (prorrogable por outro), segundo informou esta mañá o concelleiro de Economía, Raimundo González Carballo quen explicou que o Concello sacou a contratación aquela enerxía que supera os 10 kw, arredor do 70% do consumo do Concello en edificios públicos (colexios incluídos), iluminación pública, o pavillón municipal, o recinto feiral… entre outros. O 30% restante é o consumo por baixo dos 10kw no que o Concello está incluído dentro das tarifas domésticas convencionais.

Raimundo González explicou que a rebaixa ao respecto do pasado ano, cuxo concurso estaba adxudicado a Gas Natural Fenosa, é do 5,8%. Pero tamén aclarou que o Concello só pode sacar a concurso o prezo da enerxía pero a el hai que sumar as potencias, as peaxes, o imposto eléctrico e o ive do 21%. É dicir, que o prezo final do recibo a día de hoxe é duns 1.735.000 euros.