O 110 aniversario da Banda de Música conmemórase mañá na Ferraría

81

A exposición que conmemora os 110 anos da creación da Banda de Música de Pontevedra inaugúrase maña nos cubos da Ferraría cunha visita do alcalde, a concelleira de Cultura, Anxos Riveiro e o presidente da Banda, Diego Rosal. A agrupación musical dará un pequeno concerto á beira dos paneis que recollen a súa historia.
O percorrido cronolóxico da exposición foi elaborado pola comisaria Nuria Barros Presas, musicóloga especialista en bandas de música galegas, e que ten estudiado a evolución destas formacións especialmente ao longo do século XX.
As fotografías que ocupan os cubos inferiores, complementáronse con frases de felicitación que máis de 30 persoeiros fixeron chegar á Banda para felicitala polo seu acontecemento.
Unha breve cronoloxía da agrupación musical, coas súas luces e sombras (períodos de desaparición), é a seguinte.
• NACEMENTO. BANDA MUNICIPAL DE PONTEVEDRA
o  1904 – 1908: Primitivo Sánchez Quilez
o 1908 – 1910: Damián López
• DESENVOLVEMENTO e AFIANZAMENTO:
o 1911 – 1915: José Carreras Grimaud
o 1915 – 1922: Hilario Courtier Quintáns
o 1922 – 1934: Adolfo Campos
• TEMPOS CONVULSOS.
o 1934 – 1936: Faustino Temes Diéguez (interino).
o 1936 – 1937: Antonio Refojo Blanco / Rubén Albar
o Abril, 1937: Disolución.
o 1938 – 1951:  Banda de Falanxe Española Tradicionalista e das JONS: Félix de Andrés Galilea (interino), Luis Aparicio Sancho, Jesús Pérez Rivas.
• 1951: Desligamento Banda da Xefatura Provincial de Falanxe; extinción da colectividade.
• INESTABILIDADE:
o 1951-1958: Intentos de reorganización. Inactividade.
o 1959 – 1965: Juan Moldes Touza
o 1966 – 1978: Intentos de reorganización. Inactividade.
• REXURDIR. BANDA DE MÚSICA DE PONTEVEDRA:
o 1979 – 2003: Antonio Moldes Ferro
• ACTUALIDADE:
o 2003: José Padín
o 2003 – 2005: Rafael Torres Míguez (director en funcións).
o 2005 – 2008: Javier Viceiro-Filgueira
o 2008: José Varela (director en funcións).
o 2009-actualidade: Juan Lois Diéguez

 

 

COMPARTIR