Vén botarlle unha man ao Demo este sábado polo centro histórico

112

A concelleira de Festas, Carme da Silva animou esta mañá aos pontevedreses, especialmente aos nenos, a que se sumen á festa do Demo que se celebrará durante toda a xornada do sábado polas rúas do centro histórico da cidade. Explicou que o Demo "que xa ten uns anos e anda canso, agradecerá a axuda de colaboradores pequenos que ataviados con roupas e elementos de Demo, lle voten unha man durante esta xornada, para seguir facendo trasnadas".

A programación da Festa do Demo comeza ás 12.30 horas coa saída do séquito dende os Arcos de San Bartolomeu para percorrer as rúas e prazas do centro histórico.

20.00 horas. A comitiva do Demo volve a percorrer a cidade facendo burlas, xogos e trasnadas.

21.00 horas. Concerto de San Bartolomé ofrecido pola Banda de Música de Salcedo na praza da Ferraría.

21.30 horas. Foliada do Demo coa Orquestra Os Modernos e Os Chichisos, na praza de Curros Enríquez.

COMPARTIR