Aberto o Banco de libros de texto para entregar manuais de Secundaria e Bacharelato

95

A Casazul mantén aberto dende hoxe o Banco de libros de texto de Redeaxuda para todos aqueles que desexen retirar libros de Secundaria e Bacharelato. As oficinas da Casazul estarán abertas toda a semana (até o venres 12) entre as 10 e as 13 horas, e de 16.30 a 19.30 horas.
A estas alturas do ano, a Concellaría de Benestar Social Municipal, que xestiona o Banco de libros dende Redeaxuda, xa non solicita manuais de Primaria, agás de Secundaria e Bacharelato dos rapaces que remataron o curso en setembro.
Nembargantes, a todas as persoas que se achegan a solicitar libros entréganse os lotes sobrantes, até completar as existencias.