Comeza o festival das Núbebes

110

Comeza o festival das Núbebes, o Festival das artes escénicas para bebés e familia, mañá cunha inauguración no Teatro Principal. Música, teatro, contos e distintos obradoiros durante o primeiro fin de semana deste programa. As actividades previstas para o venres, sábado e domingo son as seguintes:
• Venres, 19 de setembro
o  Inauguración co Roque. 18.00 horas no Teatro Principal. Convidados Beatriz Campos, Pablo Díaz e Golfiños (Galicia). Teatro, monicreques, contos e música. Público familiar. 50 minutos. Entrada de balde.
o Cé, a orquestra pantasma: 19.00 horas. Prazo do Teucro. con Cé, o home orquestra (Galicia). Actuación musical de rúa. Público familiar. 30 minutos.
• Sábado, 20 de setembro
o Entre arrolos e contiños: 11.00, 12.00, 17.30 e 18.30 horas na Casa das Campás. Con Beatriz Campos de Migallas Teatro (Galicia). Contos tradicionais e música. A partir de 6 meses. 30 minutos. Entrada de balde.
o A caixiña dos Mistos. De 10.00 a 13.00 horas, e de 16.30 a 19.00 horas. Facultade de Belas Artes. Caravana de Mr. Misto (Galicia). Actividade de rúa con audiovisuais, obradoiros… De 1 a 6 anos. Entrada de balde.
o El sueño de luna: 17.00, 18.00 e 19.00 horas no Teatro Principal. Okina Teatro (Madrid). Teatro e danza. De 0 a 6 anos. 40 minutos. Entrada 2 euros.
o Xogando coa noite descubrimos o día: 18.35 horas (0 a 3 anos) e 19.00 horas (de 3 a 6 anos). Facultade de Belas Artes. Asociación medrando á par. Obradoiro sensorial. 20 minutos. Entrada de balde.
o Coindando a quen coida dos nosos bebés (só para profesionais). 10.00 a 14.00 horas e de 16.00 a 20.00 horas. Casazul. Sala Almofrei. Con Patricia Canaval. Un espazo para compartir e apoiarmos no difícil proceso de recibir aos que se separan por primeira vez dos seus pais e nais. Obradoiro de psicoloxía para docentes e profesionais que traballan con idades de 0 a 3 anos.
• Domingo, 21 de setembro
o Durme Roque, Durme. 11.00, 12.00, 17.00 horas. Casa das Campás. Baobab Teatro (Galicia). Contos e monicreques. De 1 a 5 anos. 35 minutos. Entrada de balde.
o Obradoiro de psicomotricidade para bebés e familia: 11.30, 12.30, 17.30, 18.30 horas. Casazul. Sala Almofrei, con Marta Lloves (Galicia). Actividade con xogos de estimulación sensorial e linguaxe corporal. De 0 a 1 anos. 30 minutos. Entrada de Balde.
o A caixiña dos mixtos: De 10.00 a 13.00 horas, e de 16.30 a 19.00 horas. Facultade de Belas Artes. Caravana de Mr. Misto (Galicia). Actividade de rúa con audiovisuais, obradoiros… De 1 a 6 anos. Entrada de balde.
o Claves para unha lactancia exitosa: 19.00 horas. Casazul, sala de Valdecorvos. Asociación Tetameiga. Charla. Quen pode dar de mamar? Mitos, verdades, o papel do pai no proceso… Embarazadas e público interesado. 60 minutos. Entrada de balde.

Para máis información
www.facebook.com/festivaldasnubebes

COMPARTIR