O Concello paga a proveedores en 16,76 días

92

O Concello de Pontevedra paga a proveedores nun prazo de 16,76 días, segundo explicou esta mañá o portavoz do Goberno e concelleiro de Economía e Facenda, Raimundo González Carballo. No último trimestre, o Concello pagou 8.272.359,22 euros, o 97% dentro do período medio de pago anteriormente citado.

En comparación a trimestres pasados, no primeiro trimestre do ano o período medio de pago foi de 18,57 días e pagáronse 8.784.000 euros, dos cales un 4% foron fora deste prazo. No segundo trimestre do ano o período medio de pago foi de 18,01 días por valor de 8.515.000 euros, das cales arredor do 10% foron fora deste período medio de pago.

O portavoz do Goberno explicou que Pontevedra é a administración que máis puntualmente paga, "ou é das que paga máis puntualmente, lonxe de moitas que pagan a 60 ou 90 días, ou incluso as que conminan ás empresas a que non presenten as facturas".

COMPARTIR