“3, 2, 1…” Domingos do Principal

108

Teatro Ghazafelhos presenta a obra teatro de actor, mimo, monicreques e música “3, 2, 1…” dentro do Festival de teatro para toda a familia “Domingos do Principal”, organizado polo Concello de Pontevedra.

Un astronauta chega a un planeta descoñecido. Alí atópase cunha extraterrestre que tamén chegou de exploración. Logo do estraño encontro os dous cosmonautas comezan a convivir descubrindo sentimentos que xamais sospeitarían ter. “3,2,1…” é unha obra chea de humor e tenrura que nos chegará ao corazón.

Dobre función: ás 12:00 h. e ás 18:30 h. Prezo: 4 €. Billeteira aberta 2 horas antes de cada función. Entradas anticipadas á venda no teléfono 902 504 500 e en www.servinova.com