O alcalde participa na inauguración da nova área recreativa de Sabarís que fixeron os veciños

136

O alcalde Miguel Anxo Fernández Lores e a concelleira delegada da parroquia de Campañó, Pilar Comesaña visitan esta tarde a o lugar de Sabarís, xa que foron convidados polos veciños á inauguración da nova área recreativa que fixeron os propios veciños, coa colaboración do Concello.

Trátase dun espazo de lecer estar que tamén dispón de zona deportiva, xa que habilitaron un campo de fútbol no que se poden practicar outras modalidades deportivas.

A obra e a condicionamento do espazo correu a conta dos veciños, e o Concello colaborou con eles ofrecéndolles material xa usado -gardado en dependencias municipais- que os veciños reciclaron e volveron a reutilizalos nesta nova área.