O Concello informa aos veciños de Loureiro Crespo sobre a reforma da praza do Hospital

224

Os concelleiros Carmen Fouces, Luís Bará e Alberto Oubiña mantiveron onte pola tarde unha reunión con veciños do barrio de Loureiro Crespo aos que lles presentou o proxecto de creación da nova praza do Hospital. Foi unha reunión moi concurrida na que os veciños se amosaron moi interesados no proxecto. Trátase da creación dunha gran praza peonil con elementos de formigón, lastro e pedra, ademais de arborado para crear unha praza duns 2.000 metros cadrados.

O concelleiro Luís Bará indicou que este proxecto completarase coas obras de reforma das rúas Javier Puig e José Millán que teñen un orzamento de 437.328,40 euros e 285.234,30 euros respectivamente, ao que se suma a contía da praza do Hospital valorada en 417.778,81 euros. En total 1.130.000 euros para mellorar substancialmente este céntrico barrio da cidade.

Neste momento a praza do Hospital está en proceso de adxudicación, e poderá esta definitivamente adxudicada no mes de xullo, polo que poderían iniciarse as obras na última quincena de setembro. Sempre tendo en conta que se farán atendendo as necesidades e esixencias do Hospital, xa que require unhas condicións sanitarias específicas para o control do pó en suspensión.

O concelleiro Luís Bará tamén adiantou a posibilidade de ampliar esta praza ao abrir os xardíns do Hospital, cando menos unha parte, ao derrubar parte do muro. Esta actuación seralle solicitada á Consellería de Sanidade xa que na última reunión cos responsables do Chop no Concello, viron con bos ollos esta posibilidade.