Traballan na reubicación do mercadiño de antigüidades á rúa Serra

71

O Concello traballa coa asociación CCU Zona Monumental no traslado do mercadiño de antigüidades da praza da Verdura á rúa Serra e na recuperación do seu “espírito inicial”: venta de obxectos antigos, libros de vello…

O concelleiro responsábel dos mercados, Vicente García Legísima lamenta o incidente do pasado domingo no que se viron implicados un hosteleiro e un feirante polo uso do espazo público no que o primeiro quería pór a súa terraza e o segundo o seu posto de venta. Pídelles “paciencia” ós hosteleiros xa que están buscando unha fórmula de reordenación da actividade e reubicación “que será pronto”.

García Legísima lembra que o mercadiño de antigüidades naceu no seu día “non como unha iniciativa municipal” se non da man de “xente preocupada pola reactivación da zona monumental” e contou. Porén “estamos desconformes coa maneira de discorrer do mercadiño”, engade o concelleiro.