O embaixador de Venezuela atopa en Pontevedra un modelo de desenvolvemento urbano para o seu país

81

O embaixador de Venezuela, Mario Isea Bohórquez pecha en Pontevedra unha ronda de visitas protocolarias institucionais desenvolvida por todo o Estado neste ano 2015 co fin de estreitar lazos entre os pobos e procurar e fortalecer relacións económicas e empresariais, turísticas, culturais.

Ante o alcalde Miguel Fernández Lores e ante o pobo de Pontevedra –a través do Libro de Honra do Concello– deixou constancia dun sentimento compartido de “solidariedade e compromiso de fraternidade en loita por un mundo mellor, cheo de xustiza, paz, multipolar e pluricéntrico que garanta a todos e todas unha vida con dignidade e independencia”.

O embaixador venezolano amosou un gran interese polo noso modelo urbano, que pensa nas persoas e manifestou que o seu país atópase nun proceso de construción de 3 millóns de vivendas, de crecemento e reordenación das cidades e núcleos de poboación e que a súa vontade é apostar por “un hábitat sustentábel, acorde coa vida humana”. “Miramos a Pontevedra, é un exemplo” e por elo pediulle ao alcalde “que viaxe a Venezuela e que explique o modelo urbanístico de Pontevedra”

Pola súa banda Miguel Fernández Lores expresou o seu desexo de que no ano 2006 Pontevedra e Venezuela avalíen e atopen vías de colaboración turística, cultural e tamén empresarial.

Firma libro de honra