Pontevedra participa no VI Congreso Nacional da Rede Portuguesa das Cidades Educadoras

113

O Concello de Pontevedra participa esta tarde no VI Congreso Nacional de Rede Territorial Portuguesa das Cidades Educadoras baixo o título “Cidades participadas, Cidades adaptadas” que se celebra na cámara de Almada, en Portugal. Neste encontro participa a concelleira de Benestar e Educación, Carmen Fouces coa ponencia “Pontevedra. A cidade integradora”.

A súa intervención foi a seguinte:

“Veño falarvos da nosa experiencia no tratamento habitual dos asuntos da infancia na cidade de Pontevedra, en Galiza.

As crianzas non só son cidadáns de futuro, senón sobre todo son cidadáns do presente.

Hai quince anos decidimos que queríamos facer unha cidade para todos, tamén para os nenos e nenas de hoxe.

Para que medraran felices e fóran educados en libertade, inspirados entre outras nas teorías recollidas no libro “A Cidade dos Nenos”, de Francesco Tonucci.

Fumos transformando a cidade para que fose máis doada de utilizar para todas as capas da poboación: nenos, persoas de máis idade, persoas de capacidades diminuídas, nais ou pais con carriños…

Como recoñecemento a Tonucci, fixemos unha traducción ao galego da Cidade dos Nenos, o libro de referencia do pedagogo italiano. Neste momento estamos a desenvolver unha unidade didáctica dirixida aos profes

A base da transformación foi o amplísimo programa de obras para lograr a accesibilidade universal, obras que se aproveitaban tamén para outros cometidos como renovar os servizos públicos e modificar a mobilidade en superficie, primando a pedonal. Foi un principio de xustiza.

Chamamos desautoxicación á liberación desta dependencia urbana que moitas cidades teñen dos coches, dos carros.

A cidade pode volver ser o que foi en orixe: un foro, un espazo común

Unha das máis felices consecuencias da desautoxicación é que as crianzas poden bricar libres e autónomas

Ao mesmo tempo, logramos espléndidos resultados en aforro de combustíbel e eliminación de gases efecto invernadeiro

E logramos eliminar os mortos e reducir a gravidade das persoas feridas nos escasos accidentes de circulación que se rexistran

Ademáis, a cidade para todos esixe menos vixilancia, menos control

E todo volve a ser posible na cidade, grazas a que os carros deixaron o espazo libre ás persoas

Logramos máis tranquilidade, unha vida máis sana, saudábel e sen amenazas

Este cambio foi posible grazas ao impulso político das forzas máis dinámicas e avanzadas da cidade

As crianzas deben ser escoitadas. Queremos o mellor para eles, por tanto, debemos preguntarlles constantemente

Nós temos o Consello das Crianzas, que se reúne anualmente. Son representantes dos colexios que teñen Camiño Escolar. Pero estamos artellando un sistema para xeneralizar esta prática e incorporar aos nenos como cidadáns que son aos procesos participativos

O Camiño escolar promove o costume de ir sós a pé á escola, queremos fomentar a súa autonomía e promover a súa identificación coa cidade

Integramos para iso a toda a comunidade escolar, pero tamén aos comercios. Hai que salientar que todo este proceso está comandado pola policía Local, como un servizo público máis do seu compromiso coa cidadanía

Na parte central da cidade, son persoas contratadas as que realizan este traballo, pero en algún barrio periférico faise a través de persoas voluntarias.

Porque temos que realizar unha vixilancia concreta das pasadeiras. Sabemos que non sería necesario, porque a cidade está chea de lombas e os carros están ben acostumados a parar, mas detectamos o medo de moitos pais e nais a deixar soas ás súas crianzas.

O resultado é espectacular. Moitísimas van soas ao centro educativos

Os programas de educación viaria son moi completos, todos coordenados pola Policia Local

Programas que comezan antes de nacer, como os dirixidos a náis grávidas

A cada neno de primaria que visita a Policia Local entrégaselle este conto editado polo Concello con temática sobre seguranza viaria. Estamos preparando un segundo volume, con outro argumento. Ambos son novelas infantís escritas por escritoras de primeiro nivel na literatura galega

Nos programas netamente educativos, temos un amplo abano de actividades dirixidas aos escolares, en colaboración cos centros educativos de todos os niveis

Sempre coa idea de axudalos a que o seu traballo sexa cada vez máis interesante para todo o alumnado, e contribuir a que a escola sexa esa fonte de experiencias, moito máis que a aprendizaxe curricular

Unha das experiencias máis intensas é a actividade en torno ás Escolas Amigas da Unesco, polas que se reciben alumnos e profesores de outros lugares do mundo

Resulta moi enriquecedor que os nosos alumnos interaccionen con persoas de outros países, e asi contribúan a ampliar os seus horizontes vitais e experimentais

Un exemplo de escola comprometida co seu entorno é un barrio situado a uns 2 km do centro da cidade, onde viven 7.000 persoas, Monte Porreiro

Os seus catro centros educativos de distintos niveis non universitarios manteñen un intensísimo compromiso coa veciñanza, convertindo á escola en auténtico motor da cohesión social

As escolas son un dos principais argumentos de orgullo e autoestima dos habitantes de Monte Porreiro, que sofren unha especie de síndrome de aillamento a respeito do resto da cidade. A implicación da comunidade escolar serve de elemento integrador e harmonizador

Vou falarvos agora de algúns programas relacionados coas crianzas que teñen lugar en Pontevedra ao longo do ano. Unha delas é o Salón do Libro Infantil e Xuvenil, que se celebra en febreiro e ven programando centos de iniciativas dirixidas a crianzas, mozos e adultos. 

É un espazo participativo e realizado en modo colaborativo con todos os centros escolares da cidade. 

A él chegan participantes de toda galiza, e se se animan de Portugal, non teñen máis que ligar por teléfone ou poñer un mail, e achegarse. Poden consultar o seu web e o seu programa para comprender mellor a súa dimensión

O festival das Núbebes está dirixido expresamente a bebés, que acoden coas súas nais ou pais

É un conxunto de actividades pensadas para o estímulo máis temprano, máis apropiados para despertar á música e ás escenas

Outros públicos máis maduros contan coa súa propia programación teatral, con sesións os domingos que se repiten as segundas-feiras para públicos escolares

O Pazo da Cultura e o Museo de Pontevedra dispoñen da súa propia programación relacionada co teatro, a música, a plástica ou a transmisión oral

Respondimos tamén a unha demanda social que proviña da parte non relixiosa: un protocolo especial para celebrar a chegada ao mundo para persoas que non desexaban ser bautizadas. Nesta cerimonia damos os parabéns públicos por teren a sorte de nacer nunha cidade pensada para eles, para que teñan unha vida feliz

A Cámara é a casa de todas e todos. Os nenos poden vir cando queiran… só teñen que pedilo e concretar unha cita para falar do que desexen

A Fundación Meniños en Galiza con respecto ás crianzas, é como en Portugal a Gulbenkiam con respecto á cultura. Ten outorgado a Pontevedra a súa primeira distinción de Cidade amiga da infancia

E esto é todo desde unha cidade na que, ao contrario que no resto da Galiza, medra a poboación infantil e ten un crecemento vexetativo positivo

Moitas grazas… xa saben onde nos teñen. Só quero deixalos con un video que realizaron para nós un grupo especializado en traballo coa infancia, Imagine Elephants, que tamén adoitaron Pontevedra como modelo para o seu traballo. Agardo que lles guste”.

 Almada programa