O novo premio EU-China Smart Mobility City Award, introduce a Pontevedra en Asia

150

O modelo urbano de Pontevedra achégase a Asia da man dun novo recoñecemento internacional: o EU-China Smart Mobility City Award, o premio á Mobilidade Urbana Intelixente que lle concede a Fondation Prospective et Innovation (Fundación Prospectiva e Innovación), organización francesa creada no ano 1989 e presidida na actualidade por Jean-Pierre Raffarin, ex primer ministro galo e presidente da Comisión de Asuntos Exteriores, Defensa e Forzas Armadas do Senado.

O alcalde Miguel Fernández Lores viaxou á cidade chinesa, xunto o Intendente Principal da Policia Local, Daniel Macenlle, a Hong Kong co fin de recoller o galardón dentro da Asia International New Energy Vehicle, un certame que conxuga o sector do automóvil coa mobilidade intelixente nas cidades. O premio que recibirá Pontevedra enmárcase na categoría Deseño Urbano/ Planificación Urbana, que distingue experiencias de novas cidades, zonas de baixas emisións de contaminantes. Xunta a ela premiaranse, en distintas categorías, outras 19 cidades chinesas e 20 europeas, vencelladas todas elas pola súa aposta a prol da chamada mobilidade intelixente.

Na mesma xornada Pontevedra presentará un vídeo sobre a cidade e defenderá o seu modelo nunha mesa redonda na que Daniel Macenlle falará da transformación da capital e os resultados medibles dunha experiencia cuxo afán é mellorar a calidade de vida urbana e coidar das persoas. De feito a recuperación de espazos públicos para uso e disfrute cidadá e a disminución da contaminación pola redución do tráfico foron factores determinantes para a concesión do galardón.

Na súa intervención, o Intendente Principal da Policía Local exporá que dende 1999 Pontevedra está a recuperar espazos públicos para os cidadáns, aumentando as oportunidades de mobilidade para persoas con discapacidade, promovendo a autonomía dos nenos, creando as condicións adecuadas para un estilo de vida saudábel, aumentando a seguranza viaria e a sensación de seguridade, redución nas emisións de gases e contaminación acústica.

En definitiva, mellorar a calidade urbana, a calidade de vida na cidade foron os obxectivos marcados e acadados polo Goberno local co apoio da cidadanía.

Os resultados son visibles e medibles:

  • O tráfico disminuíu un 30% no conxunto da cidade e 70% no centro
  • Non hai casos mortais debido a accidentes nas zonas reformadas da cidade durante os últimos 11 anos
  • Os nenos van camiñando á escola e xogan tranquilamente nas rúas e prazas
  • A xente camiña pola cidade cun estilo de vida saudábel
  • Unha redución do 66% das emisións de CO2 na cidade e unha redución de 88% no centro
  • Unha inversión da expansión urbana
  • Un realmente baixo ruído ambiental
  • Unha recuperación notábel da biodiversidade

O alcalde de Pontevedra aproveitará a viaxe a Hong Kong para tratar de abrir camiño á promoción turística da cidade e mesmo a posibles contactos para avaliar posibles relacións comerciais con empresas locais. De feito está prevista unha cea coa Asia Spain Asociation con empresarios e executivos galegos e chineses con intereses no país e no estado e ademais representantes de tres cidades chinesas –Jinjiang, Changxing e Foshan amosaron o seu interese por contactar coa delegación pontevedresa e unha delas, Foshan, amousou o seu interese en “hermanarse” con Pontevedra.