Cinco Erasmus fan o voluntariado en Noites Abertas

64

Noites Abertas, o programa de ocio de lecer xuvenil que organiza a Concellería de Xuventude incorporou este ano a cinco Erasmus na súa nómina de voluntarios. A súa labor e axudar aos controladores das numerosas actividades que se desenvolven: unha oferta de 132 na presente edición. Estes cinco voluntarios internacionais foron recibidos polo alcalde de Pontevedra, Miguel Fernández Lores.

Son un mozo e unha moza de Italia; unha moza de Austria, outra de Grecia e un mozo de Suecia. Teñen idades que van dos 19 aos 26 anos .
Dous deles comezaron o seu voluntariado o pasado 1 de outubro, dous o 1 de novembro e o último incorporouse o pasado 1 de febreiro.

Todos eles participan no programa de Voluntariado da Asociación de Formación do Profesorado que dura 12 meses. Ademais de colaboar nas Noites Abertas, os participantes neste voluntariado colaboran con distintas asociacións da cidade: con Amencer, Xuntos, Vaipolorío ou Amigos do Camiño facendo tareas de acompañamento, de sensibilización ambiental ou ensinando idiomas.