O Concello co financia a Semana Galega de Filosofía con 17.000 euros

138

O alcalde de Pontevedra, Miguel Fernández Lores, asinou coa presidenta da Aula Castelao, Ana Regueira para a organización da Semana Galega de Filosofía que este ano desenvolverase dende o 28 de marzo até o 1 de abril.

O Concello outórgalle 17.177,50 euros para a realización dun evento que converte a Pontevedra, dende hai xa 33 anos, “na sede estatal da filosofía durante unha semana e todo o ano”, subliña Fernández Lores. O evento convoca cada ano a personalidades do mundo académico e intelectual de recoñecido prestixio e conta con arredor de 1.500 destinataarios directos.

A XXXIII Semana Galega de Filosofía estará adicada ao tema “Filosofía e Política”. “A política é hoxe un show, o fundamental e o anecdótico confúndese e fronte a eso queremos analizar a política, o importante, como discutilo, como artellar o discurso político” explica a presidenta da Aula Castelao quen atopa no recente nomeamento de Mariano Rajoy como persona non grata un exemplo do que di: “Que é o importante que Rajoy sea nomeado non grato ou que a roubáronnos a ría outros 60 anos máis? Que é o substancial? Que é o accidental”.

O alcalde de Pontevedra aplaude a oportunidade do tema elixido para a Semana Galega de Filosofía, “paréceme espléndido que se vaia a falar de política con maiúsculas” e estará na inauguración do evento, que como sempre terá no Teatro Principal a súa sede.

Convenio Aula Castelao