Canarias mira tamén cara o modelo Pontevedra

19

Dende as illas Canarias tamén miran cara a Pontevedra. Nesta ocasión foi a Villa de Santa Brígida, na provincia de Las Palmas, quen demandou información sobre o modelo urbano de Pontevedra e coa presenza do responsábel de Protocolo e Comunicación do Concello, Antón Prieto, organizou unha sesión -informativa, formativa e de debate- sobre o proceso de transformación da nosa cidade, a súa realidade actual, as estratexias utilizadas para facer de Pontevedra un referente de mobilidade, accesibilidade e calidade urbana, para facer dela a cidade que coida das persoas.

Foron tres horas de debate intenso e moi clarificador no que abordáronse cuestións xenéricas relativas ao proceso de transformación urbana pero tamén cuestións puntuais como se fixo a recuperación dos espazos para uso da veciñanza, o seu impacto no comercio local e na hostalería; o redución do tráfico no casco urbano ao chamado tráfico de necesidade; o consenso acadado sobre o modelo recoñecido no mundo, a ocupación das rúas e prazas polos nenos e nenas ou extensión do modelo de preferencia peonil aos barrios e as parroquias

O alcalde de Santa Brígida, José Armengol de Ando Sataute e o fronte dun goberno pentapartito; concelleiros, técnicos municipais e público xeral participou dun xeito activo nos debates amosando que o interese polo modelo-Pontevedra chega a todas partes e pode ser un exemplo a seguir nesta localidade canaria de arredor de 20.000 habitantes.