Comeza a construción de 20 nichos 
no Cemiterio Municipal de Lourizán

24

O Servizo de Cemiterios do Concello de Pontevedra iniciou nestas semanas os traballos de construción de 20 novos nichos no Cemiterio Municipal de Lourizán. Con esta actuación dase resposta a unha vella petición dos veciños da parroquia, a máis poboada de toda Pontevedra, e que tiña carencia destas instalacións mortuorias.

A concelleira de cemiterios, Carmen Fouces apostou pola construción destes nichos, a pesar de que hai nichos libres no Cemiterio Municipal de San Amaro, para aliviar e tranquilizar a todos os veciños nestes transos.