PONTEVEDR-A-PÉ, a nova imaxe dos roteiros da cidade

424

Unha nova imaxe -PONTEVEDR-A-PÉ- identificará todos os roteiros e visitas temáticas de Pontevedra. A presentación feita pola concelleira de Promoción da Cidade, Anabel Gulías, serviu tamén para dar a coñecer dos novos roteiros – Cunca e nécora Namorad@s e Cunca e nécora Solteir@s- e anunciar a ampliación das visitas guiadas tradicinais da cidade, a petición do sector hoteleiro e hostaleiro da cidade.

A ampliación dos roteiros e visitas guiadas comparten un obxectivo: “traballar na desestacionalización do turismo” apuntou a concelleira Anabel Gulías. É o motivo de que as novas propostas de Cunca e nécora (Namorad@s e Solteir@s) se desenvolvan en febreiro e de que as visitas guiadas arranquen neste ano na última semana de maio.

A nova imaxe PONTEVEDR-A-PÉ, deseñada por Natalia Impiérrez do Estudio Pacheco, inclúe:

Cunca e nécora. É un dos roteiros máis veteranos e terá lugar pola zona monunental de Pontevedra. Inclúe información sobre o seu patrimonio, o modelo de cidade e as historias que agochan as súas rúas. Ademais conta con tres paradas gastronómicas onde o cliente poderá degustar os viños e produtos da nosa terra.

Duración: Arredor de 2 horas. Sída as 12.30 da mañá, dende a Praza de España Grupo máximo. 15 p, maiores de 18 anos
Prezo: 12€ /pax
Datas: 18 de marzo , 5 de xullo e 2 de agosto

Cunca e nécora Noitiña. Son roteiros nocturnos polo centro histórico, outra visión de Pontevedra cando cae o sol. Faranse tres paradas para degustar ó mellor, gastronómica e enoloxicamente falando, dos productos da nosa terra e deste xeito saborear, como seu nome indica, a noitiña e a vida de Pontevedra a partires das 20.00 horas.

Duración: Arredor de 2 horas. Saída ás 20:00h dende Praza de España Grupo máximo de 15 pax a partires de 18 anos
Prezo: 12€/pax
Datas: 12 de xullo, 29 de agosto e 30 de setembro.

MIniPaseos. Roteiro pensado para público familiar que ten como obxectivo o coñecemento da nosa vila a través do teatro, dos persoeiros máis emblemáticos da nosa cidade, dos disfraces e mesmo da música.

As rúas de Pontevedra agochan moitos tesouros en forma de historias, personaxes e anécdotas, por iso é unha visita apropiada tanto para nenos de fóra da nosa cidade, como para nenos e nenas pontevedreses.

Prezo de 4© para os nenos e 6€ para os adultos. Todos os nenos, deberán ir acompañados por un adulto.

Duración: arredor de 2 horas.
Grupo máximo de 20 pax, a partir de 4 anos Prezo: 4€ para os nenos e 6€ adultos
Datas: 18 de marzo, 4 de xullo, 3 e 30 de agosto Roteiros temáticos: Namorad@s e Solteir@s

Realizaremos dous roteiros Cunca e nécora pola cidade no que o tema principal será o amor. Baseados en historias colleitadas de diferentes pontevedresas e pontevedreses sobre coma eran as súas citas, que adoitaban facer, que lugares visitaban, etc. Falaremos tamén dos amoríos d@s nos@s personaxes ilustres, os seus textos de amor, cartas aos seus/súas namorad@s. E todo isto coma sempre, regado con tres paradas con degustacións de produtos da terra.

O día de San Valentín, 14 de febreiro, visita para NAMORAD@S, para parellas que queiran compartir connosco este día especial. Os locais, que estarán acondicionados con mimo para a ocasión, terán un detalle para cada un dos presentes.

O día 17, venres, faremos unha para SOLTEIR@S, para aquel@s mulleres e homes que queiran coñecer persoas do seu mesmo sexo, ou do contrario, como fermoso comezo dunha amizade ou do que xurda. Este roteiro terá formato de xincana, e cada parada esixirá pasar unha pequena proba para obter a degustación.

Saída: Praza da Peregrina, ás 20 horas
Prezo 12€ por persoa.
TODAS AS RESERVAS NO CORREO: turinapontevedra@gmail.com