Contos con Olga Cocorico para pechar o Mes das Letras no Ganapán

    9

    A celebración do Mes das Letras chega ao seu fin o próximo sábado, 27 de maio, no Ganapán e será cunha sesión de contos moi especial, con Olga Cocorico. No espazo de lecer infantil do Mercado de abastos (1º andar) daráselle un bo repaso á biblioteca e aproveitarase para cociñar algunha receita dos contos e tamén para debuxar. A actividade vai dirixida a nenos e nenas de 3 a 8 anos.

    A cita no Ganapán é ás 12.00 horas do sábado, 27 de maio. Lembrade, a participación é de balde mais hai que reservar praza no email: oganapan@omercado.gal ou no teléfono: 604 024 645 (tamén por Whatsapp).