O Concello incrementa en 5.000 euros o convenio anual con Amigos de Galicia

3

A Xunta de Goberno Local aprobou esta mañá un incremento de 5.000 euros ao convenio anual coa Asociación Amigos de Galiza para a atención das necesidades básicas das familias de Pontevedra sen recursos, especialmente, para manutención. Con este aumento, pásase á 15.000 euros anuais, co que se cubrirá as necesidades da Asociación en relación ao traballo que teñen coas familias locais.

Un dos traballos que realiza esta entidade é a atención ás familias de Servizos Sociais con menores que non teñen comedor escolar no verán. Nestes casos ofréceselles un servizo con produtos frescos ao domicilio até o inicio do curso.

Os Servizos Sociais están a ultimar o número de menores que requirirán esta atención, que o ano pasado foi a 48 familias.

COMPARTIR