As inspeccións do IAE reportaron 1,4 millóns nos últimos catro anos

25
    • A Xunta de Goberno acaba de aprobar unha nova contratación para continuar con sectores como a banca, supermercados, aparcadoiros, hoteis…

A Xunta de Goberno Local aprobou esta mañá unha nova contratación do tributo do IAE das empresas pontevedresas que facturan máis dun millón de euros. É unha inspección que se leva realizando catro anos e que até o momento reportou ao concello 1,4 millóns de euros entre o pago de atrasos máis o incremento do propio padrón (con seis empresas novas que non estaban tributando), que subiu arredor dun 15%, e sitúase neste momento en 1,8 millóns de euros ao ano.

O contrato é por dous anos e ten un custe de 71.995 euros.

O padrón do IAE emítense arredor de 900 recibos para máis de 300 empresas que tributan neste imposto. Aínda están por inspeccionar varios sectores económicos como a banca, os aparcadoiros, os hoteis, supermercados, o Porto…

Este tipo de inspeccións fanse para eliminar o fraude fiscal porque moitas empresas teñen conceptos sen actualizar (espazo das instalacións, potencia enerxética…). Son inspeccións que buscan a xustiza impositiva e a equidade fiscal entre as diferentes empresas.

COMPARTIR