A loita contra o fraude fiscal no IBI continúa

77
  • O Goberno local da luz verde a un novo contrato de inspección do IBI para os próximos catro anos, cun importe de 242.000 euros
  • A actualización do perídodo 2012-2016 permitiu incrementar o padrón do IBI con 1.849 altas e detectou 1.490 vivendas en ruínas perfectamente rehabilitadas
  • A recadación incrementouse e 851.451 euros e o Concello ingresou 2,1 millóns por atrasos 

    O Concello de Pontevedra segue adiante coa loita contra o fraude fiscal. A Xunta de Goberno Local aprobou hoxe a contratación dunha nova asistencia técnica para a inspección e actualización do padrón do IBI (Imposto de Bens Inmobles) que dea continuidade a labor desenvolvida no período 2012-2016. “Levamos unha política impositiva de non subir impostos pero si de perseguir o fraude” explicou a portavoz do Goberno Local, Carme da Silva. “Os impostos ten que pagalos todo o mundo, non pode ser que haxa persoas ou entidades que traten de evadir a obriga fiscal” engadiu a concelleira.

    O traballo de inspección do período 2012-2016 incrementou o padrón municipal en 1.849 altas – “1.849 propiedades que non estaban pagando adecuadamente o que debían” subliñou Carme da Silva-  e detectou e regularizou 1.490 rehabilitacións, vivendas rexistradas como ruínas “pero que estaban rehabilitadas e polo tanto tiñan a obriga de pagar impostos como todo o mundo”.

    A actualización do padrón do IBI conseguiu, sen subir os impostos aos veciños e veciñas, incrementar a recadación en 851.445 euros – cartos que se estaban deixando de pagar anualmente- e ademais o cobro dos atrasos aportou 2,1 millón de euros ás arcas municipais.

    Agora se vai a facer un novo contrato de asistencia técnica co fin de seguir avanzando na loita contra o fraude fiscal por un período de catro anos. O importe do novo contrato e de 242.000 euros para todo o período. “Imos seguir inspeccionando para que todo o mundo pague os impostos correctamente” subliña a portavoz municipal Carme da Silva.