Máis que piscinas: será o novo centro multideporte, moderno e versátil de Campolongo

275
  • ”Vai a ser unha revolución total” di o concelleiro de Obras, Demetrio Gómez que vai a cambiar o edificio por dentro e respectar o exterior, integrado nun espazo urbano moi consolidado
  • A Xunta de Goberno local aprobou hoxe o plan de viabilidade do concurso de reforma e xestión das piscinas e deu luz verde a exposición pública do anteproxecto

Ponse a exposición pública o anteproxecto para a reforma, mellora e ampliación da Piscina municipal de Campolongo. A Xunta de Goberno local aprobou hoxe o estudo de viabilidade para sacar a concurso a reforma e xestión do centro – fronte ao que ninguén presentou alegacións- e deu luz verde ao trámite de exposición pública.

Por diante un mes para que os interesados en facerse co proxecto de reforma e xestión do servizio podan coñecelo e valorar se queren optar a el. O orzamento é de 3.067.000 euros.

“A concesión que se tramita vai darlle a volta completa as piscinas de Campolongo que se van converter no novo Centro Deportivo de Campolongo” indicou o concelleiro de Obras, Demetrio Gómez. “Vai a ser unha revolución total, o edificio vai a cambiar completamente por dentro mais é un anteproxecto moi respectuoso co entorno, unha zona da cidade completamente consolidada”.

Segundo explicou o Demetrio Gómez na actuación prevista vaise a mellorar a accesibilidade -dotarse de ascensores e de novos percorridos de evacuación-; a edificación e a renovar todas as instalacións: climatización, calefacción, a depuración de aire e a depuración de auga. Ademais vaise a gañar no soto arredor de 500 metros cadrados o que permitirá a revolución prevista.

O Concello de Pontevedra traballa na transformación das chamadas piscinas de Campolongo nun centro que dea resposta as demandas deportivas da xente cunha oferta ampla e unhas instalacións versátiles.

Datos xerais do Anteproxecto

– Aumento do espazo adicado á práctica deportiva: a instalación pasa de ter 3.858,83 m2 a 4. 335,45 m2. Son 476,62 m2 que se conseguen eliminando as actuais salas e a pista de squash. Todo ese espazo e máis o de nova creación distribúese en novas salas para actividades

  •  NO SOTO sala de fitness e tres salas multideporte de 118,15 m2, 180,65 m2 e 131,40 m2
  •  PLANTA 1 área de recepción e servizos, ademais das piscinas, jacuzzi, sauna, etc
  • AS PISCINAS renovaranse totalmente: cámbianse todos os paramentos verticais e horizontais (dos vasos e das praias adxacentes
  •  PISTAS EXTERIORES. Constrúense de novo as pistas exteriores que quedan coa distribución actualMELLORAS:
  • accesibilidade: instalación dun ascensor e de dúas novas saídas de emerxencia
  •  edificación: sanéase o forxado (mellora das pistas deportivas da cuberta) e renóvase a cuberta das piscinas
  • renóvanse todas as instalacións (climatización, calefacción e depuración de auga e aire) tanto para a mellora da eficiencia enerxética como por levalos aos espazos de nova creación
  • mantéñense os servizos actuais de fisioterapia, sauna, baño de vapor e jacuzzi
  • outros espazos propostos no anteproxecto: Recibidor, recepción, tenda, bar-cafetaría, aseos, oficinas, cociña, sala de fisioterapia . .PLANOS    1.02.1   1.03.1   1.01.1    2.00.1