Pisando Forte, formación para mellorar a empregabilidade da mocidade

297
  • Abre hoxe o prazo de preinscrición, en liña e presencial
  • A formación vai dirixida a mozas e mozos de 16 a 35 anos

Mellorar a empregabilidade e a inserción laboral da mocidade. Con este obxectivo a Concellería de Xuventude pon en marcha unha nova edición do programa Pisando Forte: once cursos e seminarios -incluíndo os tres da Escola municipal de Igualdade para a mocidade- que ofertarán 424 prazas ás mozas e mozos, de 16 a 35 anos, interesadas/os en procurarse novas ferramentas de acceso ao mundo do traballo. Delas 285 son da Escola de Igualdade.

O concelleiro de Xuventude, Alberto Oubiña, presentou a programación de Pisando Forte, cuxo prazo de preinscrición comeza hoxe mesmo (en liña ou presencial) e finaliza uns días antes do inicio de cada curso. Preinscrición e información dos cursos en www.xuventude.pontevedra.gal u na Oficina de Xuventude, en horario de 9 a 14 horas. (1o andar da Casa da Luz- Praza da Verdura s/n, telf. 986840367 ou xuventude@pontevedra.eu

Os cursos de Pisando Forte, segundo explicou Alberto Oubiña, “están pensados
para perfís integradores, de procura activa de emprego e cun cariz verde e sustentábel e por suposto a igualdade de xénero, a promoción da igualade vai estar presentes de xeito transversal en toda a programación, igual que o uso da lingua galega”

Cursos ofertados por Pisando Forte:

  •  Aprende a facer un curriculum creativa
  • Saca o cané de manipulador de alimentos e Normativa de alerxias e intolerancias
  • Aprende a usar a oficina virtual das administracións
  • Curso de agroecoloxía
  • Educación ambiental e compostaxe
  • Cursos de lingua de signos (Certificado A1)
  • Coaching e empregabilidade
  • Obradoiro de intelixencia emocional

Escola municipal de Igualdade para a mocidade

  • Curso de xénero e empoderamento para todas e todos
  • Coñezamos a realidadedas familias LGTBI
  • II Xornada “Deporte, igualdade e mocidade”

Programa Pisando Forte