Avanzamos na rede municipal de instalacións deportivas: campo de fútbol de Gatomorto

76

+ A Xunta de Goberno local adxudicou o proxecto á empresa COVSA por 85.279 euros

A Xunta de Goberno local aprobou hoxe a adxudicación de obra do campo de fútbol de herba sintética de Gatomorto (Santa María de Xeve) á empresa COVSA por 85.279,19 euros. O Concello da así un paso adiante no plan municipal de renovación e ampliación da rede de infraestruturas deportivas que inclúe ata cinco campos: ademais do de Gatomorto, agora adxudicado; os de Chan do Monte-Cerponzóns, en fase de execución; o de Campañó, a piques de rematar o proxecto; e os de Ponte Sampaio e Salcedo, en cuxos proxectos se está a traballar.

O portavoz do Goberno local, Raimundo González, sinalou que a empresa gañadora do concurso non só fixo unha boa oferta económica -o prezo de licitación fora de 971.479 euros- se non que tamén aportou melloras por valor de 110.000 euros en equipamentos deportivos, un peche perimetral e mantemento do céspede durante cinco anos.

O terreo de xogo de Gatomorto será de 105×63 metros, unhas dimensións que permitirá ter un campo de fútbol 11 e dous de fútbol 7. Está previsto que teña catro vestiarios de xogadores e dous vestiarios para árbitros. Botiquín, enfermería e almacén. Segréganse as entradas de público e xogadores ao campo.

O campo cumprirá todos os requisitos esixidos pola FIFA para que poida ser un campo de competición oficial.

Mellora da accesibilidade en Barcelos

A Xunta de Goberno local deu hoxe luz verde a unha intervención de mellora da accesibilidade na praza de Barcelos, segundo informou o portavoz do Goberno local, Raimundo González.

A intervención terá un custe de 85.279,19 euros e afectará ao cruzamento da rúa Rouco-parque infantil e aos pasos de peóns perimetrais da céntrica praza que non só acolle un dos parques infantís máis concorridos da cidade se non que tamén é patio de recreo do CEIP Barcelos.

Por outra banda, a XGL aprobou a concesión dun patrocinio de 42.000 euros a produtora Vaca Films, que está a rodar La Ley del Plomo, a última película do director Dani de la Torre. Un dos escenarios da película é Pontevedra.

COMPARTIR