“Pontevedra fixo historia na mobilidade urbana”, di un alto cargo do Concello de Madrid

10
  • Anabel Gulías participou na tarde-noite de onte nunha xornada sobre mobilidade urbana en Salamanca

“Pontevedra fixo historia”. Son palabras de Samuel Romero, o conselleiro delegado de Madrid Calle 30, cargo de Ahora Madrid, na xornada sobre mobilidade sustentable celebrada en Salamanca coa presenza da concelleira de Promoción da cidade, Anabel Gulías.

Os conceptos principais sobre mobilidade urbana sustentable poden ser compartidas por todas as cidades, independente de cal sexa o seu tamaño, tal como quedou demostrado nestas xornadas, onde os representantes de Pontevedra e Madrid compartiron todas as medidas que tratan de implementar na capital do Estado.

“Ogallá cheguemos en Madrid ao nivel de integración e de importancia relativa da mobilidade no conxunto das políticas municipais que conseguistes en Pontevedra, porque efectivamente, non ten por que existir un Plan de Mobilidade, xa que debe ser un comportamento vertebral e transversal”, dixo Romero.

Boa parte das intervencións do público centráronse na análise do modelo pontevedrés, en especial en cuestións como o sistema de aparcamento, a comunicación metropolitana, os veladores e as resistencias xeneradas polo modelo.