Viladecans coñece Pontevedra para desenvolver o seu propio modelo

28

    • O alcalde Carles Ruiz, acompañado doutros concelleiros e técnicos municipais, foi recibido por Fernández Lores e coñeceu a cidade da man do concelleiro de Obras.

O Concello de Pontevedra recibiu esta mañá a visita oficial do concello barcelonés de Viladecans, co seu alcalde ao fronte, Carles Ruiz. Foro recibidos polo alcalde Miguel Anxo Fernández Lores, o concelleiro de infraestruturas, César Mosquera e o concelleiro de Obras, Demetrio Gómez, e recibiron unha charla por parte de técnicos municipais para coñecer os pormenores do desenvolvemento do modelo de cidade.

O propio alcalde de Viladecans afirmaba que as cidades do século XXI teñen que ser moi diferentes ás do século pasado, por iso están consultando modelos de cidade novos. Afirmou que era coñecedor do modelo de Pontevedra tanto por informacións previas como por ter asistido a congresos nos que xa estiveran en contacto con membros do  Goberno local “y teníamos claro que teníamos que venir a Pontevedra”, para coñecer os trucos e o máis difícil de realizar, para tirar conclusións e reflexionar para desenvolver o seu propio modelo.

Carles Ruiz asegurou que “compartimos la misma filosofía de que el espacio público tiene que ser para los peatones y menos para los vehículos” e a partir de aí artellar un novo modelo urbanístico.

O concelleiro de Obras, Demetrio Gómez, que acompañou aos visitantes no seu percorrido a pé pola cidade, destacou que “estamos encantados de recibir en Pontevedra visitantes como os de Viladecans porque sempre aprendemos cousas novas e porque se transforman en prescritores da cidade para que o modelo dea todos os froitos que poida dar”.