Aberto ao público o novo Monte do Taco

1469
    • A cidade incorpora unha nova zona verde de 1.400 metros cadrados na que se actuou facendo escaleiras, ramplas, unha senda interior e un novo muro de contención. Púxose mobiliario urbano, xardinería e iluminación.

O Concello de Pontevedra iluminará hoxe, por vez primeira, o novo espazo verde do Monte do Taco, que está totalmente rematado. Os concelleiros de Obras e de Parques, Demetrio Gómez e Alberto Oubiña visitarán esta tarde, ás 19.30 horas, este novo espazo verde que xa está a ser punto de repouso para moitos residentes na zona.

A incorporación deste espazo expropiado polo Concello ás zonas verdes da cidade, comezou a roza e limpeza da parcela e o seu muro de peche. Creáronse unhas escaleiras  e unha rampla de acceso dende a avenida de Marín (na desembocadura do Gafos), así como unha pequena senda para percorrer a parcela polo seu interior. Tamén se instalou mobiliario urbano e axardinouse.

Das últimas melloras en realizar foi refacer o muro de contención que non ofrecía suficientes garantías de que aguantase o terreo ao estar feito de rebos. Acordouse, polo tanto, desmontar o muro e facer un novo retranqueado para dar máis ancho a rúa Monte do Taco, na foz do Gafos.

O proxecto tivo un custe total de 118.500 euros. E hoxe ábrese oficialmente ao público ao activar a iluminación pública, rematada en días pasados.

A recuperación do monte do Taco incorpora para a cidade un espazo verde de 1.400 metros cadrados