Xuntanza dos comités organizadores do Multisport de Odense e Pontevedra

0

    • Os daneses destacan a estreita colaboración das institucións a prol do mundial do ano próximo

Unha xuntanza institucional entre os comités organizadores de Fyn e Pontevedra en presenza da máxima autoridade do triatlón mundial, a presidenta da ITU, Marisol Casado, serviu de acto previo a unha xornada na que Pontevedra terá en Odense unha relevancia especial, pois se presenta oficialmente aquí a convocatoria do ano próximo coa presenza de Javier Gómez Noya.

As autoridades deportivas danesas —maiormente o presidente da Federación de Triatlón, Mads Freuds— destacou o importante que resulta que tres institucións como Concello, Deputación e Xunta estean unidas coas Federacións Deportivas para levar adiante un evento da importancia deste mundial. Mostrouse ademáis encantado coa visita e disposto a compartir coa delegación pontevedresa toda a experiencia acumulada neste mundial, que a diferencia do noso está celebrándose en tres cidades distintas.

O alcalde Lores tamén agradeceu o trato dispensado, as facilidades que se ofreceron á delegación pontevedresa para despregar a súa campaña informativa e a disposición dos distintos efectivos (seguridade, voluntariado, loxística, etc) a compartir información e modos de traballo coa delegación pontevedresa.

A esta primeira xuntanza asistiron, ademáis da presidenta da ITU, o alcalde e as autoridades deportivas danesas, a presidenta da Deputación, Carmela Silva, a secretaria xeral para o deporte da Xunta, Marta Míguez, e os presidentes das federación española e galega de triatlón, Antonio Hidalgo e Óscar Surís.