Comeza a substitución das luminarias de Bora por tecnoloxía LED

32
  • Reducirase o consumo nun 78,8%, ao pasar de 274.000 a 58.000 kw/ano
  • A nova iluminación pública permitirá aforrar 44.900 euros/ano
  • Bora é a terceira parroquia, após A Canicouva e Ponte Sampaio, na que se desprega a tecnoloxía LED

O Concello comezou hoxe a substitución das luminarias da parroquia de Bora por tecnoloxía LED, unha actuación que se inclúe nun ambicioso plan municipal de mellora da eficiencia enerxética e aforro que chegará a todo o rural pontevedrés.

A empresa Setga é a encargada dos traballos que inclúen: a substitución de 510 unidades de 130w por 460 LED de 30w, a adecuación de líneas e saneamento de cadros de acordo a normativa vixentes e o mantemento e conservación da instalación do alumeado durante tres anos. O proxecto foille adxudicado a Setga por 205.700 euros (IVE incluído)

Coas novas luminarias led redúcese a potencia media de 130 a 30 vatios (w) e o consumo baixará de 274.000 kw/ano a 58.000 o que supón un aforro anual do 78,8%, de 216.000kw/ano. Este nivel de aforro no consumo vai a supoñer un aforro (de enerxía e mantemento) de 44.900 euros ao ano.

Bora é a terceira parroquia na que o Concello substitúe toda a iluminación pública por LED após a de Ponte Sampaio e A Canicouva. As seguintes poderían ser as de Santo André e Santa María de Xeve e Verducido