O Teatro Principal acolle Amal en Ruta, do 3 ao 8 de setembro

91
  • A Mostra de Cinema Euro-árabe trae a Pontevedra tres longametraxes de ficción e tres documentais
  • As seis proxeccións comezarán ás 21.00 horas e a entrada é de balde

O Teatro Principal acollerá a próxima semana -do 3 ao 8 de setembro- a Mostra de Cinema Euroárabe Amal en Ruta, unha escolma do Festival Euroárabe Amal. Serán seis longametraxes, tres de ficción e tres documentais, un percorrido polo mellor cine árabe de actualidade. Todas as sesións comezarán ás 21.00 horas e a entrada é de balde até completar aforo.

Amal en Ruta é un proxecto itinerante da Fundación Araguaney- Puente de Culturas unha entidade que dende hai máis de tres décadas ten como fin o achegamento cultural entre o mundo árabe, Hispanoamérica e o noso país a través do patrocinio artístico, a edición literaria, a organización de exposicións, de concertos, de coloquios e de outras actividades culturais de diversa índole, entre as que destacan a Semana de Cine Euro- árabe Amal.

O leitmotiv de Amal17 foi a loita: “E ti, por que loitas? 15 anos facendo do cine a nosa forma de cambiar o mundo” . Todas as películas de Amal en Ruta representan unha forma de loita que parte da resistencia a aceptar a imposibilidade de desenvolver os nosos proxectos e aspiracións, da resistencia a aceptar o “non”. É unha loita construtiva que nos serve como punto de partida para contar a diversidade dunha sociedade, a árabe, que non é está tan lonxe da nosa como algúns cren.

TRIPTICO EXTERIOR_AMALENRUTA_PONTEVEDRA_IMPRENTA

TRIPTICO INTERIOR_AMALENRUTA._PONTEVEDRA_IMPRENTA

COMPARTIR