Comeza a instalación do lastro na rúa José Casal

110

A reurbanización da rúa Virxe do Camiño avanza a bo ritmo. Nestes días comezouse a colocar o lastro na rúa José Casal, que será a primeira en rematarse. O alcalde, Miguel Anxo Fernández Lores, que visitou as obras agarda que sexa a final de mes, e o resto da actuación cara o mes de decembro.

Lembrou que o obxectivo desta obra é mellorar o paso do Camiño Portugués por toda a cidade, que se completará coa actuación prevista no Gorgullón e tamén na Ponte do Burgo. Pero tamén darlle os estándares de calidade que hai noutros puntos da cidade.

A obra, que ronda o millón de euros, consiste en plataforma única, accesibilidade universal, nova iluminación e preferencia peonil en todo o ámbito: Virxe do Camiño, José Casal e Mariscal Pardo de Cela. Tamén está prevista unha actuación nunha beirarrúa de Eduardo Pondal.

O concelleiro de Obras, Demetrio Gómez, destacou que se trata dun proxecto moi estudado que resolve problemas de orientación para as persoas ceas nas plataformas únicas, xa que non dispoñen de puntos de referencia na rúa. Para iso colocáronse unhas canles de recollidas de pluviais que levarán un tratamento en superficie que permitirá facer ese seguimento para as persoas invidentes.