Abertas as inscricións para o Mundial Multideporte Pontevedra 2019

42
    • O 2019 Pontevedra ITU World Triathlon Championships celébrase entre o 27 de abril e o 4 de maio. Dispútanse as modalidades de Dúatlon, Aqua Bike, Acuatlon, Tríatlon Cross e Tríatlon de Longa Distancia.

Os milleiros de deportistas que se agardan para o pentamundial que se celebra en Pontevedra entre o 27 de abril e o 5 de maio próximos poden xa inscribirse nas modalidades de dúatlon, aqua bike, acuatlon, cross tríatlon e tríatlon de longa distancia do Mundial Multideporte. O rexistro dos atletas está disponiible de forma online na web do campionato e contan cunha serie de descontos vencellados á anticipación con que se inscriban e á axencia con que reserven o aloxamento.

Triatletas de máis de 50 países está previsto que participen nas categorías de grupos de idade, “Open” e paratríatlon, para competir en ata 5 campionatos do mundo, que terán como escenario o centro da cidade, o río Lérez e algún paraxe dos arredores, en función da configuración definitiva dos circuítos. Aos prezos especiais e bonificacións en función da antelación coa que se inscriban os deportisas nas distintas competicións, os federados españois e os que reserven a súa estadía a través da axencia oficial, disporán dun desconto extra.

A primeira proba en disputarse será o Campionato do Mundo de Duatlón de grupos de idade sobre a distancia sprint, o 27 de abril, á que seguirá o dúatlon estándar o día seguinte. O 30 de abril será o turno do tríatlon cross e o 2 de maio o aquatlón. O último día de competicións será o 4 de maio co tríatlon LD e aquabike. 

Os deportistas españois contan cun desconto especial, como fai a Federación española de Tríatlon en todos os seus eventos internacionais, e un 10% adicional se reservan o aloxamento coa axencia de viaxes oficial da proba. As persoas de fóra do estado español tamén poden beneficiarse do desconto directo reservando o seu aloxamento con “Halcón Viajes”.

Toda a información sobre Pontevedra 2019 está en http://pontevedra2019.org/itu-multisport/

  Calendario de competicións:

    • 27 ABR 2019 Sprint Duathlon 
    • 28 ABR 2019 Standard Duathlon 
    • 30 ABR 2019 Cross Triathlon 
    • 2 MAY 2019 Aquathlon 
    • 4 MAY 2019 Long Distance Triathlon & Aquabike
COMPARTIR